martes, 24 de marzo de 2009

Winamp Remote




Buscando utilidades para poder crear un media center, atopei este servicio que ofrece o reproductor multimedia Winamp, trátase dun servicio que sirve para que poidas escoitar a música que teñas no teu PC en calquera parte, sempre e cando teñas conexión a Internet.

O programa, é unha versión Beta (en probas), e aun faltan cousas que pulir, pero xa o probei e funciona bastante ben utilizando o teu PC como se fose un servidor o que te conectas tanto desde calquera gestor web (explorer, mozilla, ópera, como é unha versión Beta, aínda non acepta o Google Chrome) como desde o tou TV usando a ps3 ou a xbox, ou tamén desde o teu móbil se tes servicio de datos.

Para usar o programa so tes que instalar o winamp e marcar a casilla de winamp remote, o final da instalación pedirache que descargues uns ficheiros do remote, e xa está instalado.

So queda registrarse, validar o registro desde o correo e a disfrutar da túa música en calquera parte.

PD: o ordenador que ten o winamp remote ten que manterse acendido e conectado a internet xa que é o servidor.

1 comentario: