martes, 10 de marzo de 2009

Eliminar unha distribución de Linux do noso ordenador

Eliminar unha distribución de Linux do noso ordenador e tan sencillo como:

1- O primeiro que debemos facer e eliminar a partición onde temos instalado o sistema. Para facer esto temos 2 opcións:
a) Podemos facelo directamete desde o xestor de discos de Windows. Para entrar nesta ferramenta teremos que clicar co boton dereito do noso rato sobre "Mi Pc". Clicamos sobre "Administrar" e na pantalla que se nos abre buscamos a opción "Administración de discos". Aquí o único que teremos que facer e seleccionar a partición onde está instalado Linux e clicando có boton dereito seleccionar a opción formatear.
b) A outra forma que podemos utilizar e entrar cun cd de instalación de windows e desde o propio menú de particións eliminar a partición que desexamos.

2- O segundo e último que debemos facer, e entrar dende un disco de instalación de windows Xp e cando nos da a opción de elexir entre instalar de novo o sistema ou reparar un sistema eleximos a reparación.
Despois de cargar unha serie de archivos o asistente pediranos a clave do administrador (clave que introducimos cando instalamos o sistema operativo, no caso de que o sistema non fora instalado por nos, supoño que a clave estará en blanco) introducimola, e apareceranos unha liña de comandos (tipo liña de MSDOS).
Nesta liña de comandos debemos de introducir os seguintes comandos:
- fixboot ----> Rexenera o sector de arranque onde está instaldado Windows.
- fixmbr ----> Rexenera o sector maestro de arranque do disco maestro.
- exit ----> Sale da liña de comandos e reinicia o sistema.

Durante este reinicio debemos extraer o cd de instalacion de Windows Xp.

E con esto xa teremos o noso equipo totalmente libre de Linux!! (Tanto do sistema como do sector de arranque ou "grub" que crea o ser instalado).

Ainda que persoalmente non creo que naide desexe desinstalar este sistema operativo despois de probalo!!

1 comentario:

  1. nooo... nunca se ha de eliminar una distribución de lunix en nuestro PC, y menos por un Windows :(

    Bonito blog

    Raul (Ingeniero de Telecomunicaciones)

    ResponderEliminar