viernes, 30 de enero de 2009

REDES SOCIAIS

Vídeo sobre redes sociais.

jueves, 29 de enero de 2009

miércoles, 28 de enero de 2009

MULTISIM9


Nesta seción imos introducirnos no deseño e simulación de circuítos por ordenador empregando o programa MULTISIM9 mediante distintas presentacións.




WEP o WPA

Seguridade en redes wifi.

En primeiro lugar temos que dicir que, a seguridade nas instalacións wifis, só se pode solventar cambiando regularmente o contrasinal.



A seguridade WEP é a máis empregada xa que todos os dispositivos wifi son compatibles coa mesma. E son capaces de crear puntos de acceso con seguridade WEP, existen varios tipos de tamaño para esta encriptación. Os tamaños do cifrado son de 64 e de 128 .


Pero calquera persoa entendida no tema pode desencriptar o teu contrasinal en 15 minutos.


Aquí entran as novas encriptacións WPA; que son un tipo de seguridade dinámica, que xera, automaticamente novos contrasinais a partir dunha frase que será a que nós escollemos, para que así calquera "pirata" non poida conectarse a nosa rede.


Na teoría e na práctica a seguridade WPA é a mellor, isto non quere dicir que WEP non se poida usar pero se notas que a túa conexión vai sospeitosamente lenta entón deberías:


1ºCambiar o contrasinal WEP


2ºCambiar a WPA


Se aínda así vai lenta, pois o problema vai ser do PC ou do teu operador. :D



Códigos básicos de HTML

Alternativas gratuitas ao Nero Burning Rom

Unha ferramenta moi utilizada é a dos programas de gravación de CD e DVD. Anque nalgunhas ocasións ao adquirir unha gravadora se incorpora un programa de gravación, non se trata de versións completas e non dispoñen de todas as posibilidades que necesitamos como o Overburning (termo empregado para indicar que "queimaremos" máis datos dos especificados polo fabricante na capacidade do CD, por exemplo nun CD de 80min. introducir 90min.) ou a gravación de DVD video ou Blu-Ray.
No mercado existen completos programas de gravación que permiten funcións avanzadas como a creación de menús nos DVDs de vídeo e o aproveitamento das últimas tecnoloxías de gravación postas a disposición polos fabricantes de unidades ópticas. Un dos programas máis populares é o Nero Burning Rom. Unha aplicación que podemos adquirir na súa versión 9 para descargar por 70 euros. Como alternativas a esta opción de pago, temos programas sinxelos, que permiten gravar imaxes ISO e aproveitar o proceso de Overburning como o Express Burn Free, o Deep Burner ou o CDBurner XP que é compatible con Blu-Ray e HD DVD.

martes, 27 de enero de 2009

Procesos

Durante unha das viaxes pola Internet atopei esta páxina moi interesante para esas persoas que lles interesa coñecer os procesos que suceden no ordenador.

Por exemplo: Se notas que o ordenador vai mais lento do normal, é posible que existan procesos que estean cargando a memoria, procesos innecesarios para o uso normal do equipo, provocados na súa gran maioría por códigos maliciosos.

Nesta páxina descríbense os procesos máis comúns. A forma máis rápida de atopalos é introducindo o nome na pestana de busca.







Buscador de procesos de Windows


PD: para os que non estean moi familiarizados, os procesos que se están cargando no equipo son os que aparacen na 2ª pestana cando pulsas CTRL + ALT + SUPR

Manual de Microsoft Project 2000 (I)

Esta e a primeira presentacion de Microsoft Project 2000 na cal sirve para xestionar proxectos, horarios nun proxecto, etc.
Este programa e moi util xa que en papel seria moi complicado xestionar un proxecto.

Para os usuarios de windows

Para os usuarios de windows tanto de vista como do XP e outras versións anteriores atopamos esta páxina que ten diversas aplicacións e sobretodo trucos para facer que o sistema se execute máis lixeiro. Algúns dos trucos requiren un nivel de informática medio, pero seguindo as pautas realizaranse fácilmente.

jueves, 22 de enero de 2009

Curiosidades

  • Esta sección está adicada a esas pequenas curiosidades de internet, que imos atopando. Iremos publicando novas entradas a medida que atopemos enlaces interesantes.

miércoles, 14 de enero de 2009

PRESENTACIÓN

Este blog está realizado polos alumnos do segundo curso do Ciclo Superior de Telecomunicacións e Informática do IES A Xunqueira de Pontevedra do curso 2008-2009.