miércoles, 28 de enero de 2009

Alternativas gratuitas ao Nero Burning Rom

Unha ferramenta moi utilizada é a dos programas de gravación de CD e DVD. Anque nalgunhas ocasións ao adquirir unha gravadora se incorpora un programa de gravación, non se trata de versións completas e non dispoñen de todas as posibilidades que necesitamos como o Overburning (termo empregado para indicar que "queimaremos" máis datos dos especificados polo fabricante na capacidade do CD, por exemplo nun CD de 80min. introducir 90min.) ou a gravación de DVD video ou Blu-Ray.
No mercado existen completos programas de gravación que permiten funcións avanzadas como a creación de menús nos DVDs de vídeo e o aproveitamento das últimas tecnoloxías de gravación postas a disposición polos fabricantes de unidades ópticas. Un dos programas máis populares é o Nero Burning Rom. Unha aplicación que podemos adquirir na súa versión 9 para descargar por 70 euros. Como alternativas a esta opción de pago, temos programas sinxelos, que permiten gravar imaxes ISO e aproveitar o proceso de Overburning como o Express Burn Free, o Deep Burner ou o CDBurner XP que é compatible con Blu-Ray e HD DVD.

No hay comentarios:

Publicar un comentario