miércoles, 28 de enero de 2009

WEP o WPA

Seguridade en redes wifi.

En primeiro lugar temos que dicir que, a seguridade nas instalacións wifis, só se pode solventar cambiando regularmente o contrasinal.



A seguridade WEP é a máis empregada xa que todos os dispositivos wifi son compatibles coa mesma. E son capaces de crear puntos de acceso con seguridade WEP, existen varios tipos de tamaño para esta encriptación. Os tamaños do cifrado son de 64 e de 128 .


Pero calquera persoa entendida no tema pode desencriptar o teu contrasinal en 15 minutos.


Aquí entran as novas encriptacións WPA; que son un tipo de seguridade dinámica, que xera, automaticamente novos contrasinais a partir dunha frase que será a que nós escollemos, para que así calquera "pirata" non poida conectarse a nosa rede.


Na teoría e na práctica a seguridade WPA é a mellor, isto non quere dicir que WEP non se poida usar pero se notas que a túa conexión vai sospeitosamente lenta entón deberías:


1ºCambiar o contrasinal WEP


2ºCambiar a WPA


Se aínda así vai lenta, pois o problema vai ser do PC ou do teu operador. :D



1 comentario:

  1. Unha información moi útil para os usuarios de redes wifi, sobretodo nas cidades onde e máis fácil que a xente pirate as redes. Moi bó consello!!!

    ResponderEliminar