miércoles, 18 de marzo de 2009

Distribucións Linux!

UBUNTU

Distribución basada en Debian*(explicarémolo nos seguintes párrafos), co que esto conleva e centrada no usuario final e facilidade de uso. Moi popular e con moito soporte na comunidade. O entorno do escritorio por defecto é GNOME. Páxina Web

            
KUBUNTU

Distribución idéntica a UBUNTU. A principal diferenza con UBUNTU é o entorno do escritorio e que por defecto é KDE. Páxina Web



MANDRIVA

Distribución creada no ano 1998 co obxectivo de facilitar o uso 
de LINUX a tódolos usuarios, nun principio chamouse Mandrake Linux. A sua principal característica é a facilidade de uso para tódolos usuarios. Páxina Web


DEBIAN

Distribución de moi boa calidade. O proceso de instalación é quizás un pouco 
máis complicado, pero sen mayores problemas. Posee unha gran estabilidade. Páxina Web


REDHAT

Distribución de gran estabilidade, cunha interfaz moi sencilla e especializada. Existe unha versión ENTERPRISE na que se ofrecen contidos e soporte ós usua
rios por parte da empresa que a distribue (para esta versión é necesario o pago duna licenza). Páxina Web


FEDORA

Distribución idéntica a Redhat pero con soporte e contido creado pola comunidade. Fácil de instalar e de boa calidade. Páxina Web


OPENSUSE

Outra das grandes distribucións de Linux. Moi fácil de instalar e de gran estabilidade. Moito contido creado pola comunidade. Páxina Web


SLACKWARE

Esta distribución é das primeiras que existeu. Caracterízase por unha boa estabilidade. E raro encontrar usuarios dos que empezaron no mundo Linux fai tempo, que non tiveran instalada no seu ordenador esta distribución nalgún momento. Páxina Web


GENTOO

Esta distribución é unha das únicas que incorporou un concepto totalmente novo en Linux. É un sistema inspirado en BSD-ports. Podese compilar/optimizar o noso sistema completamente desde cero. Para aventurarse nesta distribución é necesario unha boa conexión a internet, unha computadora bastante potente e certa experiencia en sistemas Unix. Páxina Web

No hay comentarios:

Publicar un comentario